Las trabajadores de Pull&Bear Logistic en Narón, Galicia, consiguen un incremento salarial del 16,5% (gallego)

Fuente: Pulsa aquí

Tras meses de mobilizacións as traballadoras e traballadores da empresa Pull& Bear Logística refrendaron en asemblea, na mañá deste martes día 5 de outubro, o preacordo ao que se chegaba na noite anterior na mesa de negociación e que supón un incremento salarial do 16,5% nos seus 3 anos de vixencia. A Sección Sindical da CIG valora moi positivamente este acordo, que vén demostrar, unha vez máis, que a unidade e a determinación do cadro de persoal mobilizado é o camiño para acadar melloras laborais.

20-07-10 Concentración Pull & Bear 1

O incremento salarial acordado distribúese nos 3 anos de vixencia nun 6% no ano 2010, no 5,5% no 2011 e no 5% no 2012, até acadar o 16,5% previsto para o período.

Alén diso, o preacordo inclúe toda unha serie de melloras sociais relativas a licencias retribuídas, excedencias, xornadas mínimas, libranzas os días 24,25,31 de decembro e 1 de xaneiro ou licencias para acudir ao médico, entre outras.

A plantilla voltará ao traballo na mañán do mércores, logo de meses de mobilizacións e de protagonizar varias xornadas de folga na que se implicaron o conxunto dos traballadores/as. Cómpre lembrar que o persoal do almacén de Pull&Bear en Narón tiña unhas condicións salariais e laborais inferiores ás de outro persoal do grupo, aínda realizando tarefas similares e que xa manifestaran a súa intención de secundar unha nova xeira de paros a mediados de outubro se non se producían avances por parte da dirección. Paros que tras deste acordo quedan desconvocados.