contratas y subcontratas, Solidaridad

PCPE: Solidaridad con la lucha en las contratas de Telefónica

fuente: PCPE

Pasadas ya muchas semanas desde el inicio del conflicto conocido como la huelga de las contratas de Telefónica, el PCPE manifiesta:

CIG-Informa: SOLIDARIEDADE COA FOLGA DE MOVISTAR-TELEFÓNICA

Estimados/as compañeiros/as

As contratas de MOVISTAR-TELEFÓNICA están en folga por causa das paupérrimas condicións de traballo que está a impoñer a empresa principal a todas as contratas que prestan servizos na súa rede de aboados/as. A subcontratación da subcontratación, o emprego de falsos autónomos, un sistema retributivo por produción, o traslado de penalizacións económicas do cliente ao persoal, etc... laminan as condicións laborais e de vida do persoal que traballa neste sector.Nas provincias de Lugo e Pontevedra levan 2 semanas en folga, na Coruña 3.
 
É imperioso que por parte da afiliación da CIG, fagamos un esforzo solidario para que o persoal destas empresas manteña o ánimo e a motivación, e aportemos todos e todas de acordo coas nosas posibilidades unha achega económica para acadar unha boa recadación nesta conta que temos habilitada como FONDO DE RESISTENCIA PARA A FOLGA.
 
O nº IBAN da conta é: ES76.2080.0085.8430.4001.6800
 
Axuntase CARTAZ
 
Pregámosvos que ademais lle deades a máxima difusión nos vosos sectores, centros de traballo, etc., para que os compañeiros e compañeiras tamén poidan facer estas achegas, a así entre todos e todas axudar os compañeiros e compañeiras nas súas xustas loitas.
 
Un saúdo
 
Xoán Xosé Bouzas Aboi
Secretario Nacional CIG Industria